SEMENTE

ECO agricultor Actualizado: 4 diciembre 2012
SEMENTE
  • 5.00 / 5 5
1 voto
Dirección Vilar nº 9, baixo (Zona Vella da cidade).
Localidad Ourense
Provincia OURENSE

Semente somos un grupo de persoas que nos xuntamos debido ao noso interese común en torno á agroecoloxía. Como consumidoras de alimentos que somos, buscamos que os productos que mercamos sexan saudábeis para o noso corpo e tamén para a nosa terra, pero tamén contribuímos co compromiso a crear un vínculo máis estreito coas persoas que cultivan os alimentos que entre todas compartimos, axudando a manter vivo o noso rural a través desta dinamización local.

Para nós é vital saber que a xente que vive do campo pode levar unha vida digna co seu traballo, e que ese traballo está valorado non só económicamente. Ao mesmo tempo, deixamos de mercar en grandes superficies e hipermercados, onde non coñecemos quen produce todo o que alí se vende e onde non temos garantías de que se esté tendo en conta a nosa saúde nen a do medio á hora de producir alimentos. Somos consicentes de que no mundo no que vivimos se busca o máximo beneficio económica na maioría de procesos de compra-venta, pero este proxecto tenta deixar de lado esa premisa económica e centrarse máis no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.

Como Funcionamos

Definímonos como grupo de consumo responsable, o que quere dicir que realizamos o noso consumo seguindo unha serie de criterios:

  • Proxecto das/os produtoras/es: A filosofia e coherencia das/os productoras/es, o respeito polos dereitos das/os traballadoras/es, a proximidade co grupo de consumo, asi como a empatía coa comunidade, serán tidos en conta á hora da elección.
  • Embalaxe do produto: Evitarase na maior medida a embalaxe dos produtos. Serán mellor valoradas as embalaxes feitas con materiais naturais, non contaminantes, recicladas, reciclables, reutilizadas, reutilizables, con baixa enerxía gris (a enerxía que conleva a súa produción e transporte).
  • Relación co grupo: Valorarase positivamente que o/a produtor/a xa tivera relación e/ou implicación co grupo. É un forma de dar continuidade e estabilidade aos proxectos e iniciativas.
  • Tamaño da finca: Coa idea de diversificar e apoiar novas iniciativas, os proxectos e/ou fincas de pequeno e mediano tamaño serán mellor valorados que as grandes.
  • Prezo: un prezo máis económico en igualdade do resto de condicións será mellor opción, xa que non queremos que os productos ecolóxicos se convirtan en productos de élite

Por outra banda, o colectivo require de cerca organización para poder funcionar adecuadamente, de forma que todas as persoas que forman parte de Semente adquiren unha serie de compromisos:

  • Colaboramos, polo menos unha vez cada seis meses, no reparto de productos de horta que se leva a cabo unha vez á semana no Centro Social A Esmorga (podes consultar a actual Quenda de Turnos de Reparto de Cestas)
  • Formamos parte de distintas comisións de traballo, necesarias para o bon funcionamento do colectivo. As Comisións que temos constituidas son: Organización de reparto, Limpeza, Xestión Interna, Coordenación con outros grupos, Busca e organización de actividades, e Organización de pedidos puntuais.
  • Por último, todas as persoas somos conscientes da importancia dos pequenos granos de area dentro do colectivo e consideramos a comunicación interna un eixo fundamental no grupo, de forma que tentamos comunicar calquera cambio nas nosas situacións persoais (que impliquen unha modificación no noso consumo) coa maior anticipación posible, para que o colectivo sexa capaz de subsanalo. As asembleas, que realizamos todos os últimos mércores de cada mes, son un bon momento para atoparnos e falarnos.

Se queres coñecer máis profundamente o proxecto, podes achegarte a nós calquera mércores de mes, entre as 19:00 horas e as 21:00 horas. Nesa hora facemos o reparto de productos, e seguro que a xente que se atope no local estará encantada de falar un anaco contigo e explicarche o que sexa necesario… Anímate!

Un comentario a SEMENTE

  1. Hola, que gracia, nosotros formamos ya hace tiempo un grupo de consumo
    llamado Se-mentE, estamos en Betanzos, A Coruña.
    Un saludo sementeir@s.

Publicar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • Responsable: LBM
  • Finalidad: Moderar comentarios y responder a consultas.
  • Legitimación: Consentimiento.
  • Destinatarios: No se comunicarán los datos a terceros.
  • Derechos: Acceso, rectificación, oposición, cancelación, portabilidad y no limitación del tratamiento y derecho al olvido.
  • Información adicional: Consulta nuestra Política de privacidad.