ARBORE

ECO agricultor Actualizado: 12 diciembre 2012
Arbore
  • 5.00 / 5 5
1 voto
Dirección Arquitecto Pérez Bellas, 5- bajo
Localidad Vigo
Provincia PONTEVEDRA
Teléfono 986 23 34 97
Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega,  é un proxecto empresarial que ten como causa social a asociación de consumidores/as en réxime de socios/as da Cooperativa, coa finalidade de conquerir entre eles/as productos ecolóxicos coa mellor relación calidade-prezo, coma parte dun proxecto socio-económico enmarcado nos principios dunha economía social e solidaria.

A coperativa Árbore é pioneira en Galicia, suplindo a carencia existente ate o ano 2001 dun proxecto que materializase, sólida e viablemente os principios que nos representan.

Elexiu-se Vigo como centro de ubicación da empresa, por ser esta cidade, a súa bisbarra e a zoa de influencia, un espacio óptimo para a viabilidade e asentamento do proxecto, polas súas características sociais e súa ubicación xeográfica.

As persoas que constituimos a Cooperativa somos consumidores críticos de productos ecolóxicos que decidimos fundar unha empresa para materializar o noso desexo de facer un consumo consciente, apoiando ó labrego galego, respetando o medio ambiente, ás persoas e o resto dos animais. Decidimos ter unha tenda propia onde poder mercar estes productos a un prezo razonable, que puidera estar xestionada por nós mesmos, puidendo abastecela dos productos que consideremos axeitados e, en definitiva, ter un sentimento de propiedade que facilitara darlle o rumbo que o grupo considerase máis axeitado, asumindo tamén as responsabilidades económicas e de xestión. O nome que se lle puxo á Cooperativa é Consumo Conscente Arbore, Sociedade Cooperativa Galega para amosar o noso interese, non só polo producto ecolóxico, senón por realizar un consumo  consciente, tendo en conta as consecuencias que implica o noso consumo no eido social e ambiental.

É por isto que unha das esixencias cos productos, e que sexan, non só ecolóxicos, senón que ademáis de preferencia local , de empresas pequenas ou cooperativas, que esten desprorvisto do sufrimento das personas e dos animais e que sexan respetuosos co medio. No caso de vir dos países do Sur, que sigan os  crieterios do Comercio Xusto.

Outro dos nosos intereses é o de comercializar productos a granel, por motivos económicos e ecolóxicos. Os productos a granel son mais económicos e así conseguimos que  sexan máis accesibles. Ao mesmo tempo aforramos envases e embalaxes innecesarias, reducindo a contaminación do medio. Temos a granel cereais, legumes, sementes, fariñas, algas, herbas, froitos secos, froitas, verduras e todo o que podemos dispor desta forma.

This page can't load Google Maps correctly.
Do you own this website?

Publicar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • Responsable: LBM
  • Finalidad: Moderar comentarios y responder a consultas.
  • Legitimación: Consentimiento.
  • Destinatarios: No se comunicarán los datos a terceros.
  • Derechos: Acceso, rectificación, oposición, cancelación, portabilidad y no limitación del tratamiento y derecho al olvido.
  • Información adicional: Consulta nuestra Política de privacidad.